Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de programación e execución de actividades en centros sociocomunitarios e residencias de maiores con programa sociocomunitario da provincia da Coruña (5 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

c) Número de expediente: 52/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de programación e execución de actividades en centros sociocomunitarios e residencias de maiores con programa sociocomunitario da provincia da Coruña.

c) División por lotes e número:

– Lote núm. 1: Residencia de Maiores de Ferrol e centros sociocomunitarios de Ferrol, Fene e As Pontes de García Rodríguez.

– Lote núm. 2: Residencia de Maiores de Carballo e centros sociocomunitarios de Corcubión, Muros e Santa Comba.

– Lote núm. 3: Centro Sociocomunitario da Pobra do Caramiñal.

– Lote núm. 4: Residencia de Maiores Porta do Camiño.

– Lote núm. 5: Residencia de Maiores Torrente Ballester da Coruña e centros sociocomunitarios da Coruña e Mera.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 141, do 28 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Prezo das actividades:

O prezo por actividade será como máximo de dez (10) euros por usuario/a, actividade e mensualidade, entenderanse incluídos para todos os efectos os demais tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación.

5. Formalización:

5.1. Lote 1:

a) Data: 18 de setembro de 2015.

b) Contratista: Servicios Deportivos Galicia, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe por usuario/a, actividade e mensualidade: 8,90 euros, IVE incluído.

5.2. Lotes 2, 3, 4 e 5:

a) Data: 18 de setembro de 2015.

b) Contratista: Esproade, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe por usuario/a, actividade e mensualidade: 7,99 euros, IVE incluído.

A Coruña, 20 de outubro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña