Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas da licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016, tramitada por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificada, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

En relación coa contratación, suxeita a regulación harmonizada, do acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016, tramitado por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2.), publicado no Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro de 2015 (DOG nº 201), resólvese a ampliación do prazo de presentación de ofertas ata o 4 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

P.A. (artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia