A Resolución do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, publicada no DOG núm. 31, do 16 de febreiro de 2015, recolle no seu artigo 2, que para a concesión destas axudas se destinará un crédito de cen mil euros (100.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.
Ao terse producido remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, así como a outros créditos incluídos no mesmo programa, e toda vez que o crédito inicialmente destinado a esta convocatoria resultou insuficiente debido ao volume de solicitudes presentadas, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado a esta convocatoria.
Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,
RESOLVO:
Artigo único
Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, na contía de 15.000 euros na aplicación 04.30.312C.480.0.
Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo para a presentación de solicitudes establecido na dita resolución nin ao resto do seu articulado.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración