Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 16 de novembro de 2015, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a sociedade interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-177-2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; logo de intentada a notificación persoal, de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo en Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de novembro de 2015

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32001-177-2015.

Interesada: Cristalería Valvi, S.L.U.

CIF/NIF: B32362618.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.