De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios; despois de intentada a notificación persoal, de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 16 de novembro de 2015
Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
Expediente: 32001-244-2014.
Interesada: González Gómez Asesores Inmobiliarios, S.L.N.E.
CIF/NIF: B94063534.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.