Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de resolución do expediente SAI IN 635C 2015/70-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non poidan se practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmanse os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 12 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2015/70-1.

Interesado: José Joaquín Bertua Mauri.

CIF: 33188429G.

Acto de notificación: resolución.

Concello: Santiago de Compostela.

Expediente: IN 635C 2015/54-1.

Interesado: Juan José Nieto Cobas.

CIF: 44846362L.

Acto de notificación: resolución.

Concello: Negreira.