De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido a interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase a interesada de que o expediente se atopa á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 12 de novembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN 614C 2009/4330-1.
Interesada: UTE Acceso Coruña.
CIF: U84763804.
Acto de notificación: requirimiento de documentación.
Concello: A Coruña.