Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a un recurso de alzada.

Con data do 28 de outubro de 2015, o conselleiro de Facenda ditou resolución respecto ao recurso de alzada formulado por Begoña Sendón Rico contra o Acordo do 20 de xullo de 2015, da Comisión Permanente Central, que desestimou a súa solicitude de incorporación á lista para a provisión temporal de postos correspondentes ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Begoña Sendón Rico a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública