Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44561

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (RSU 1648/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1648/2015 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. contra Fogasa, Ministerio Fiscal, Javier Pereiro Luaces, José Ramón Martínez Lusquiños, María José Carneiro Paradelo, José Manuel González González, Manuel Lomba Núñez, Basilio Alonso Blanco, Pilar Silveira Loureiro, María Carmen Pena Moradeira, Daniel Cores Portela, José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, Marcelino Chávez Castro, Rocío Berbes Amoedo, Javier Pablo Romero Falquel, José A. Fariña Parada, Enrique Giralda Larran, Juan José Vázquez Senra, sobre despedimento disciplinario, foi ditada o 2 de setembro de 2015 a seguinte resolución:

«O anterior escrito subscrito polo letrado David del Río Balado en nome e representación de Securitas Seguridad España, S.A. únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala e demostrando a representación da parte, se non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Líbrese exhorto ao xulgado decano de Vigo para a notificación da presente resolución a José Fariña Parada, Enrique Giralda Larraz e Juan José Vázquez Senra.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a José A. Fariña Parada, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza