Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44666

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo C con destino aos centros de traballo durante o ano 2016.

No perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de gasóleo C con destino aos centros de traballo da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2016, cun gasto autorizado de 30.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil de contratante na web da deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 12 de novembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense