Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44665

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración de sal mineral como fundente para o mantemento da vialidade invernal nas estradas da rede provincial na tempada 2016.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de sal mineral como fundente para o mantemento da vialidade invernal nas estradas da rede provincial na tempada 2016, cun tipo de licitación de 82.128,75 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da Deputación: www.depourense.es.

Ourense, 10 de novembro de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense