Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-PES 013/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación son a resolución, que foi adoptada polo xefe territorial no expediente LU-PES 013/2015, e a proposta de resolución, que foi adoptada polo instrutor do procedemento nos expedientes LU-PES 055 e 065/2015.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 21 de outubro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES 013/2015.

Interesado: Rubén Varela Cadahía.

Acto notificado: resolución.

Expediente: LU-PES 055/2015.

Interesado: Alberto Eiros Salgado.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: LU-PES 065/2015.

Interesado: Enrique Francisco Romero Vázquez.

Acto notificado: proposta de resolución.