Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de tenza de animais potencialmente perigosos e de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (expediente ANP-CO-0053/2015-V e tres máis).

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Coruña, segundo a disposición transitoria terceira do Decreto 129/2015.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de outubro de 2015

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ANP-CO-0053/2015-V.

Denunciada: Erea Díaz Barrientos.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANI-CO-0013/2015-V.

Denunciada: Tatiane Fernanda Costa.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANI-CO-0014/2015-V.

Denunciada: Maite Cano González.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANI-CO-0015/2015-V.

Denunciado: Salvador Beltrán Moreno.

Acto de notificación: acordo de iniciación.