Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44606

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Paderne de Allariz (expediente IN407A 2012/48-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Antonio Carballo Vilarchao.

Domicilio social: lugar de Rioseco, 2 (estrada Rioseco-O Pinto, OU- 0105, 32110 Paderne de Allariz).

Denominación: centro de transformación en canteira Rioseco.

Situación: Rioseco-Paderne de Allariz.

Características técnicas: centro de transformación proxectado na canteira Rioseco composto por edificio prefabricado modular de formigón (Inael) con CT de 315 kV, R/T 20.000/400-230 V, e LAT RHZ1 12/20 kV Al 3F × (1 × 95 mm2) de 14 m de lonxitude, con final no paso subterráneo-aéreo proxectado e alimentado desde a LMT da empresa distribuidora VLL 813 PTE. Gozos-C.H. Castadón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 20 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense