Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1636/2014-MRA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1636/2014-MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 700/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: José Alfonso García Barreiro

Avogado: Lorenzo Sabell Peláez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Skeleton Coast Trawling Pty lda. (Pescamar ltda.), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, Servizo Xurídico Seguridade Social, (…), Luis Esteban Leyenda Martínez

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1636/2014 desta sección, seguido por instancia de José Alfonso García Barreiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Skeleton Coast Trawling Pty, lda. (Pescamar, ltda.), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Alfonso García Barreiro contra a sentenza de data dezasete de xaneiro do ano dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo no proceso promovido polo recorrente fronte ao Instituto Social da Mariña, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Pescamar, ltd., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Skeleton Coast Trawling Pty, lda. (Pescamar, ltda.), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza