Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, 27003 Lugo.
Denominación: substitución apoios e condutor LP Nete, tramo 20-21.
Situación: concello de Rábade.
Características técnicas:
1. Substitución do apoio 20 existente na LMT LP Nete por un tipo C-7000-18 e cambio de 306 metros de condutor existente por un tipo LA-110, entre os apoios 19 e 21.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), polos que se establece a estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 3 de novembro de 2015
Pilar Fernández López
Jefa territorial da Coruña