Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44300

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2015/275-1).

Expediente: IN407A 2015/275-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento CTI Santa Cruz de Lesón.

Concello: A Pobra de Caramiñal.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,020 km, coa orixe no apoio nº 72/11 existente da LMT BOI 804, no tramo da derivada ao CT Santa Cruz de Lesón (expediente 50.315) para substituír, en condutor LA-56 mm2 Al e final no novo CT intemperie Santa Cruz de Lesón.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña