Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 16 de outubro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02647-O-2015 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-02647-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que xulguen oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte das persoas interesadas e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 16 de outubro de 2015

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02647-O-2015

PO-9356-BT

Garda Civil 1503 T67277V

O Preve, S.C.

J94077112

A Peroxa, nº 19, Lamela

36579 Silleda (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

22.4.2015; 10.24; AP-9F; 25,2

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

XC-03256-O-2015

4866-HNB

Garda Civil 1504 I54077K

Santiago Mato Velo

52433383F

Río, 30, 4º E

15100 Carballo (A Coruña)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

9.6.2015; 13.47; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-03257-O-2015

4866-HNB

Garda Civil 1504 I54077K

Santiago Mato Velo

52433383F

Río, 30, 4º E

15100 Carballo (A Coruña)

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

9.6.2015; 13.45; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-05891-O-2014

8171-FBH

Garda Civil 1504 Z27752V

Francisco Nogueira Castro

76325722S

r/ Canedo,12, 1º J

15008 A Coruña

A condución durante máis de 6 horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

4.9.2014; 9.29; N-550; 48,5

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros