Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 13 de outubro de 2015 pola que se notifica á empresa Salvamento e Contraincendios, S.L. o trámite de audiencia previo ao inicio de procedemento de reintegro do anticipo do segundo semestre de 2012, así como a perda de dereito a cobramento da subvención da anualidade 2013, correspondente ao expediente IN829B 2010/37, devolto polo servizo de Correos.

missing image file

A Axencia Galega de Innovación, con data do 7 de agosto de 2015, enviou unha notificación á empresa Salvamento e Contraincendios, S.L. co fin de comunicarlle o trámite de audiencia previo ao procedemento de reintegro do anticipo do segundo semestre de 2012, así como a perda de dereito a cobramento da subvención da anualidade 2013, correspondente ao expediente IN829B 2010/37, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A dita notificación foi devolta polo servizo de Correos e indicando o funcionario «caducado en lista». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do trámite de audiencia que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior, e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para faceren alegacións e presentaren os documentos e xustificantes que consideren pertinentes. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10, 3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Expediente: IN829B 2010/37.

Nome ou razón social: Salvamento e Contraincendios, S.L.

CIF/NIF: B15558257.

Tipo de axuda: subvencións para a contratación de persoal especialista en xestión da innovación segundo a Orde do 14 de maio de 2010 (DOG nº 96, do 24 de maio).

Contido do acto: trámite de audiencia IN829B 2010/37.