1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento, implantación e posta en funcionamento do Rexistro de Informes de Avaliación de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexiae).
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
DOG: 7.8.2015.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 120.000,00 €.
5. Orzamento base de licitación: 60.000,00 € máis 12.600,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 72.600,00 €.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 21.10.2015.
b) Data de formalización do contrato: 1.11.2015.
c) Contratista: Balidea Consulting & Programming, S.L.
d) Importe de adxudicación: 56.628,00 € (IVE ao 21 % incluído).
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia