Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (217/2015/1).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na peza de medidas preventivas 217/2015/1 deste xulgado do social, seguida por instancia de Benigno Costoya Carballo contra Faustino Alén Quiroga, se ditou a seguinte resolución:

Acordo a medida preventiva consistente no embargo preventivo dos seguintes bens do demandado, Fausto Alén Quiroga:

1º) Saldos que poidan existir nas seguintes contas bancarias titularidade do demandado ata asegurar o importe de 3.727,39 euros:

Conta de aforro número 20800449163000011831 da entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Conta de aforro número 00758909190701100457 do Banco Popular Español, S.A.

Conta de aforro número 01824730320201568145 da entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A.

2º) Devolucións da Axencia Tributaria a Fausto Alén Quiroga que, se é o caso, estean pendentes como consecuencia da declaración do imposto do IVE e do imposto de sociedades ata o importe sinalado de 3.727,39 euros.

Expídanse os oficios oportunos para a efectividade dos embargos.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Faustino Alén Quiroga, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial