Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2015 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócase unha xornada sobre a Lei 10/2014, de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006: aplicación e control polas administracións públicas, conforme as seguintes bases:
1. Obxectivos.
Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade, proponse a realización desta acción formativa cuxo obxecto principal é afondar no estudo do texto legal para un mellor tratamento da accesibilidade, en especial nas relacións cidadán-administración.
2. Contidos.
Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:
– As persoas con discapacidade e accesibilidade á xustiza.
– As novas tecnoloxías e as persoas con discapacidade.
– A accesibilidade: máis alá da normativa.
– A accesibilidade universal na convención da ONU 2006 e a Lei de Galicia 10/2015 de accesibilidade. Os dereitos das persoas con discapacidade nos procesos electorais.
3. Destinatarios.
Empregados das administracións públicas de Galicia, tanto autonómica como local e de xustiza, das universidades do Sistema universitario de Galicia, persoal das entidades do sector público, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.
4. Desenvolvemento.
Lugar: Vigo. Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta (rúa Concepción Arenal, 8).
Data: 4 de decembro.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas.
5. Número de prazas.
Limitado pola capacidade do local.
6. Inscrición.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP: https://egap.xunta.es/matricula/
O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de decembro de 2015.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 41-981 54 62 39.
7. Modificacións.
A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.
8. Certificado de asistencia oficial.
Ao final do curso entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización do curso e o selo oficial da institución.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública