Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43962

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a recepción de obras de acondicionamento do Camiño de Santiago.

De conformidade co artigo 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza á Axencia Galega de Infraestruturas para a recepción de obras de acondicionamento do Camiño de Santiago licitadas pola Axencia Turismo de Galicia.

Entidade encomendante: Axencia Turismo de Galicia.

Entidade encomendada: Axencia Galega de Infraestruturas.

Actividade a que se refire e alcance desta: recepción de obras de acondicionamento do Camiño de Santiago por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas.

Natureza da encomenda: carácter gratuíto.

Prazo de vixencia da encomenda: un ano.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia