Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 20 de novembro de 2015 Páx. 43970

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO de notificación de sentenza (300/2014).

NIG: 15073 41 1 2014 0001253

Divorcio contencioso 300/2014

Procedemento orixe: divorcio mutuo acordo 300/2014

Sobre div. mutuo acuerdo principal

Demandante: María de los Ángeles Regos Fariña

Procuradora: Tamara Paisal Outeiral

Avogada: Elisa Sacido Pérez

Demandado: Francisco Javier Rodríguez Pillado

No procedemento de divorcio contencioso 300/2014 que se segue neste xulgado por instancia de María Ángeles Regos Fariña, no cal é demandado Francisco Javier Rodríguez Pillado, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor seguinte:

«Sentenza.

Ribeira, 17 de marzo de 2015.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do divorcio contencioso número 300/2014, en que foron parte demandante Mª Ángeles Regos Fariña, representada pola procuradora Tamara Paisal Outeiral e asistida pola letrada Elisa Sacido, e parte demandada Francisco Javier Rodríguez Pillado,

Decido.

Que, estimando as pretensións de Mª Ángeles Rego Fariña contra Francisco Yáñez Rodríguez Pillado, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre Mª Ángeles Regos Fariña e Francisco Javier Rodríguez Pillado, coas seguintes medidas:

– O aboamento por parte de Francisco dunha pensión por alimentos a favor do seu fillo Javier Rodríguez Rego de 300 euros mensuais, que serán aboados por meses anticipados e dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que se designe, cantidade que será actualizada anualmente segundo o IPC publicado polo INE ou outro órgano similar.

Deberá aboar, ademais, a metade dos gastos extraordinarios que sexan necesarios, xustificados, imprevisibles e non periódicos para a educación ou saúde de Javier e non se encontren estes últimos cubertos pola Seguridade Social ou seguro médico.

Non hai expresa imposición das custas procesuais.

Firme esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde estea inscrito o matrimonio.

Contra esta sentenza poderase interpor, ante este xulgado, recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación, limitado a citar a resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas existente neste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Javier Rodríguez Pillado, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ribeira, 6 de abril de 2015

O/a secretario/a xudical