Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de outubro de 2015 polo que se fai público o acordo de incoación e prego de cargos ditados no expediente sancionador DH.D36.50380, en materia de verteduras de augas residuais.

No 9 de setembro de 2015 ditouse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra José Manuel Dono Iglesias (t.m. A Estrada) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85 e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia