Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43694

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da unidade de actuación número 14 (expediente de planeamento urbanístico 2014015487).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 2 de outubro de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por dezaseis votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular e PSdeG-PSOE, e once abstencións dos grupos municipais de Democracia Ourensana e Ourense en Común, adoptou o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente a alegación presentada por María José Gómez Alonso o 16 de xullo de 2015 con base no exposto nos informes técnico (de data 17 de agosto de 2015) e xurídico (de data 21 de agosto de 2015) emitidos no expediente, que se incorporan como motivadores deste acordo, e dos cales se dará traslado á alegante en forma de copia simple xunto coa notificación individualizada que se lle practique do presente.

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico de Ourense para a supresión da unidade de actuación nº 14, segundo o documento técnico para aprobación definitiva (DAD) redactado de oficio polo Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS.

3. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, e darlle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario xeral do Pleno do concello, e facer constar o dito aspecto.

Réxime de recursos:

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa e aproba definitivamente unha disposición de carácter xeral, só poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación ou ben no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a que se entenda desestimado por silencio o recurso de reposición que se indica no seguinte parágrafo, se fose interposto, conforme o establecido nos artigos 50 do Real decreto lexislativo 2/2008; 52 da Lei reguladora das bases de réxime local; 194, 209 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; 58 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 8, 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, poderá interporse recurso de reposición, con carácter potestativo, fundamentado exclusivamente en cuestións formais de procedemento administrativo referidas a este expediente no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o ditou, conforme o establecido nos artigos 52 da Lei reguladora das bases de réxime local; 194, 209 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, e 58 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Con data 26 de outubro de 2015, recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 26 de outubro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente