Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de outubro de 2015 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente LUG/15/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/15/2015-RP1, a Juan José Rey Cortiñas e a María Ángeles Cendán Polo, en nome e representación de Leticia Rey Cendán, en relación coas obras consistente na construción dunha vivenda unifamiliar de planta baixa e planta semisoto, composta por tres corpos, dous principais con cubertas cruzadas a unha auga rematadas en fibrocemento e un corpo de menor altura aínda en execución, situada no lugar da Parrocha, parroquia de Nete, no termo municipal de Vilalba, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística