De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/455/2014-RP1, a Víctor Manuel Pardo Machado, en relación coas obras de construción dunha edificación rectangular de dúas plantas cun anexo de bloques e instalación dunha casa prefabricada e unha caravana no lugar da Relva, Torneiros, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo ao interesado, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.
Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística