Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de novembro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 15 de outubro de 2015, relativo ao expediente sancionador LU-23/2015, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente LU-23/2015, incoado á persoa titular do establecemento de turismo rural denominado Aldea do Mazo, situado no lugar de Meiraos, do concello de Folgoso do Courel (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Noméase instrutora do procedemento a Mercedes Campos Casares e secretaria a Carmen Enríquez Río, funcionarias desta área provincial de turismo, cuxo réxime de recusación é o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución; para estes efectos determinarase o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado na Área Provincial de Turismo de Lugo, sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a directora da Axencia Turismo de Galicia, segundo o disposto no artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 10 de novembro de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-23/2015.

Denunciado: Ángel Jesús Fernández Villaravid.

Establecemento: turismo rural Aldea do Mazo.

Enderezo: Meiraos.

Localidade: Folgoso do Courel.

Feitos denunciados: percibir prezos diferentes aos exhibidos ou notificados á usuaria ou ao usuario turístico ou percibir prezos por servizos que, en virtude da normativa turística, non sexan susceptibles de cobramento.

Preceptos infrinxidos: artigo 35, alínea c), da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 110.12 da Lei 7/2011.

Cualificación: grave.

Sanción: mil euros (1.000 €).