Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/50-2, 8244 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras-rúa A-parcela U2, 27003 Lugo.

Denominación: O.C.R. polígono As Gándaras 2.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Instalación no CT PE As Gándaras 2 (3628) dunha OCR para o telemando de dúas celas de liña e dúas de protección de trafo.

2. Enlace do CT PE Gándaras 2 co CT PE As Gándaras 8, mediante LMT soterrada existente.

3. Desembornar no CT PE As Gándaras 1 as liñas de entrada dos CT PE As Gándaras 2 e PE As Gándaras 5 e realizar un empalme entre elas.

4. Desembornar no CT PE As Gándaras 5 as liñas de entrada dos CT PE As Gándaras 1 e PE As Gándaras 8 e realizar un empalme entre elas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), polos que se establece a estrutura orgánica da consellería e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo