Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2008/00808 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados están á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2008/00808

Tamara Gómez Díaz

53302798E

AC-2011/00436

Dame Kane

A0021166

AC-2011/00548

Remi José Pichardo Jiménez

45909956R

AC-2012/00331

Borja Espantoso Gallegos

32830859S

AC-2012/00435

Serigne Al Lo Mbacke

Y2568111Z

AC-2012/00472

Xosé Ignacio Comesaña Aguilar

Papa Youga Mbaye

53193572T

Y2502483M