Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 2 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-04/505.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación de requirimento por comparecencia no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Xefatura Territorial da consellería.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial de Lugo do Instituto Galego da Vivenda e Solo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 2 de outubro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-04/505:3.

Interesada: Eva Pedreira Otero.

Último enderezo coñecido: avenida Terrachá, nº 104, 2º A, 27800 Vilalba (Lugo).

Acto de notificación: requirimento de comparecencia para que remita escrito de renuncia en relación co proceso de adxudicación directa de vivenda de promoción pública na rúa Viñas da Veiga, nº 49, baixo C, en Mondoñedo (Lugo).