Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 17 de novembro de 2015 Páx. 43421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015102TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de setembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2015102TA-OU a José Manuel Valle Pedrejón, DNI 44660036K, xerente do Café Morgan, con domicilio na rúa Telleira, 9, baixo, 32004 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Manuel Valle Pedrejón, DNI 44660036K, xerente do Café Morgan, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 22 de outubro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015102TA-OU.

Denunciado: José Manuel Valle Pedrejón, xerente do Café Morgan.

DNI/NIF/CIF: DNI 44660036K.

Último enderezo coñecido: rúa Telleira, 9, baixo, 32004 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: oitocentos euros (800 €).