Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para agregación de dúas parcelas na rúa Bolaño Rivadeneira 12-14.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro de 2015, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas e ordenación de volumetría e estética das unidades edificatorias 130806 e 130807 (rúa Bolaño Rivadeneira, 12-14) do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), solicitado por José María Vázquez Varela e outros.

O acordo de aprobación definitiva do dito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 15.10.2015, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 16 de outubro de 2015

P.D. (Decreto da Alcaldía nº 15005366)

Xosé Daniel Piñeiro Villares

Tenente alcalde delegado da Área

de Desenvolvemento Sostible e Persoal

José Antonio Carro Asorey

Secretario xeral do Pleno