O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 24.9.2015, acordou aprobar inicialmente o expediente nº 11/2014 PMP, de modificación puntual das normas subsidiarias cambio de uso no ámbito da parcela 29 do Plan parcial do polígono industrial de Sabón.
Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito obxecto da modificación puntual, isto é, a parcela 29 do polígono industrial de Sabón, referencia catastral 0156807NH4905S0001JJ cos reaxustes da acomodación á realidade.
En virtude do disposto polo artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente de referencia queda sometido a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza esta publicación no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido (no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados, das 9.30 ás 13.30 horas), e presentar alegacións se o consideran oportuno.
Arteixo, 6 de outubro de 2015
P.D. (Decreto nº 1336, do 6.7.2015)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente