Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 31 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos do expediente 402/15 e catro máis.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia do luns 17 de agosto de 2015, cómpre realizar a súa oportuna corrección:

Na páxina 33820, onde di: «b) Procedemento: negociado sen publicidade, tras ser licitado por procedemento aberto (expediente 401/15) e declarado deserto», debe dicir: «b) Procedemento: negociado sen publicidade, tras ser licitado por procedemento negociado sen publicidade (expediente 401/15) e declarado deserto».