Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato para a contratación da subministración sucesiva de pan fresco (expediente MS-ASF1-15-009).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: MS-ASF1-15-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de pan fresco.

c) Lotes (de ser o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 15811100-7.

e) Acordo marco (si procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación: DOG núm. 132, do 15 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 177.216 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe sen IVE: 73.840 €.

b) Importe con IVE: 76.793,60 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de setembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de outubro de 2015.

c) Contratista: Industriales Panaderos Agrupados, S.A.

d) Importes unitarios adxudicados (sen IVE):

Pan fresco 60 g (con sal e sen sal): 0,110000 €.

Pan fresco 40 g (con sal e sen sal): 0,080000 €.

Pan fresco 60 g mestura integral sen sal: 0,110000 €.

Ferrol, 21 de outubro de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol