De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e comprobado o domicilio social, indicado no expediente para efectos de notificación, a través dunha nota simple informativa emitida polo Rexistro Mercantil da Coruña, onde figura inscrita, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución para declarar o reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas. Creación e mellora de empresas de servizos (ESA). A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
A persoa interesada relacionada no anexo pode recoller a devandita resolución no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.
Concédeselle á interesada un prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que se producise a notificación da resolución, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que coide conveniente ao seu dereito, dirixida ao Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015
Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO
Procedemento: reintegro parcial de axuda para programas agrarios de mellora técnica e desenvolvemento sustentable dos procesos produtivos agrícolas. Creación e mellora de empresas de servizos (ESA).
Expediente nº: 103/27/05/000041.
Interesada: Empresa de Servicios Agrarios Betanzos-Ferrolterra, S.L.
Acto de notificación: resolución
Último enderezo coñecido: Santa Cruz de Ribadulla, finca O Bao, 15885 Vedra (A Coruña).