Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43048

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de marzo de 2015 (DOG núm. 62, do 1 de abril), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por teren presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.2.4. da convocatoria.

Segundo. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obteren o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do Servizo de Persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

Terceiro. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

María Pilar Fernández Ruiz
Presidenta do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado por Orde do 9 de maio de 2014
(DOG núm. 99, do 26 de maio)

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º ex.

2º ex.

3º ex.

4º ex.

Total

1

76414665V

Mosquera Souto, Alejandra María

15,45

17,57

13,07

Exenta

46,09

2

44834065G

Romero Castro, Lorenzo

13,63

16,78

13,87

Exento

44,28

3

47370128H

Gómez Barreiro, Eugenio Santiago

11,27

14,00

16,40

Exento

41,67

4

35457502N

Torres Junquera, Jesús

12,72

11,23

15,07

Exento

39,02

5

44498163V

Santos García, Marta

11,09

13,52

13,17

Exenta

37,78

6

32692176E

García Rivera, Eva María

10,36

13,75

12,27

Exenta

36,38

7

33331235A

Bascuas Ferreiro, Noelia

13,27

10,33

12,42

Exenta

36,02