Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo de redacción do proxecto de execución e dirección de obra para a rehabilitación dun edificio para unha vivenda de protección pública e un local comercial na rúa Clérigos, número 13, Betanzos, A Coruña (expediente C-2012/CH 03).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de execución e dirección de obra para a rehabilitación dun edificio para unha vivenda de protección pública e un local comercial na rúa Clérigos, nº 13, Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: 3 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: oito mil cento noventa euros con setenta céntimos (8.190,70 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): mil setecentos vinte euros con cinco céntimos (1.720,05 €).

c) Importe total: nove mil novecentos dez euros con setenta e cinco céntimos (9.910,75 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación:

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

• http://www.contratosdegalicia/resultado.jsp?N=23630

– Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego de la Vivenda e Solo, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo