Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado, do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a rehabilitación dun edificio para tres vivendas de protección pública e un local comercial (expediente C-2015/CH 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a rehabilitación dun edificio para tres vivendas de protección pública e un local comercial na rúa da Cerca, nº 9, en Betanzos, A Coruña.

b) Prazo de execución: 3 anos e 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: vinte e catro mil cincocentos setenta e catro euros con vinte e catro céntimos (24.574,24 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): cinco mil cento sesenta euros con cincuenta e nove céntimos (5.160,59 €).

c) Importe total: vinte e nove mil setecentos trinta e catro euros con oitenta e tres céntimos (29.734,83 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

• http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=23628

Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sede dos servizos centrais do Instituto Galego de la Vivenda e Solo, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo