Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42934

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (68/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 68/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Transportes Gabeiras Martínez, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Fernando José Alves Felgueiras, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou sentenza na seguinte resolución:

«Resolvo:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Transportes Gabeiras Martínez, S.L. contra o INSS, TXSS e Fernando José Alves Felgueiras, e absolvo os demandados dos pedimentos desta.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberán anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando José Alves Felgueiras, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2015

A secretaria xudicial