Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 12 de novembro de 2015 Páx. 42930

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1464/2014).

Raquel Blanco Pérez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de María José Mototo Cabanelas, representada pola procuradora Sra. González Mascareñas, contra Francisco José Lovelle Soto, en que é parte o Ministerio Fiscal, foi ditada sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza de separación.

Sentenza nº 1090/15.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 3 de setembro de 2015.

Vistos os presentes autos nº 1464/14 sobre separación promovidos pola procuradora Sra. González Mascareñas, en nome e representación de María José Montoto Cabanelas como demandante, asistida pola Sra. González, contra Francisco José Lovelle Soto, que foi declarado en rebeldía.

Decido:

Acordar a separación do matrimonio formado por María José Montoto Cabanelas e Francisco José Lovelle Soto e decretar os efectos reguladores deste seguintes:

1. Quedan revogados os consentimentos e poderes outorgados entre os cónxuxes.

2. Disólvese a sociedade de gananciais.

3. Atribúese a garda e custodia da menor á nai, e a patria potestade é compartida por ambos os proxenitores.

4. Atribúese a Francisco José o seguinte réxime de visitas:

– Fins de semana alternos desde as 12.00 horas do sábado até as 20.00 horas do domingo.

– A metade das vacacións de Nadal, da cales lle corresponderá a primeira metade nos anos impares e a segunda nos pares.

– As vacacións de Semana Santa desfrutaranse alternativamente e corresponden os anos pares á nai e os impares ao pai.

– As vacacións de verán por metade, a primeira metade ao pai nos anos pares e a segunda nos impares.

5. En concepto de alimentos a favor dos fillos comúns establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 300 euros que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC, ou índice que o substitúa, en 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Unha vez firme a presente resolución, comuníquese para a súa inscrición marxinal aos rexistros civís onde constan inscritos o matrimonio cuxa separación se acorda, e a aquel en que constan inscritos os nacementos dos fillos deste.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal indicándolles que contra ela cabe recurso de apelación, que, se é o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado no prazo dos 20 días seguintes á notificación da presente resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos».

«Auto do tribunal que resolve a solicitude de aclaración dunha resolución xudicial (sentenza nº 1090/15, do 3.9.2015).

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 23 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito.

I. Tramitándose ante este xulgado expediente de separación nº 1464/14, foi ditada sentenza no 3.9.2015.

II. Solicita aclaración a demandante mediante escrito de data 14.9.2015.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Establece o artigo 214.1 LAC que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, mais si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que padezan. Así mesmo, no seu número 2, o citado artigo continúa dicindo que as aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao de publicación da resolución ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo.

Os erros materiais poden aclararse en calquera momento (parágrafo 3º).

Segundo. Polo anterior, procede que este tribunal aclare a Sentenza do 3.9.2015 e no fundamento de dereito primeiro, onde di: “foi formulada polo esposo José Antonio”, debe dicir “foi formulada pola esposa María José”; e no fundamento de dereito primeiro onde di “que levan separados de feito máis de 10 anos”, debe ser excluído da resolución.

Parte dispositiva.

Acordo aclarar a Sentenza do 3.9.2015 e, no fundamento de dereito primeiro, onde di “foi formulada polo esposo José Antonio”, debe dicir “foi formulada pola esposa María José”; e no fundamento de dereito primeiro onde di “que levan separados de feito máis de 10 anos”, debe ser excluído da resolución.

Fágase referencia do presente auto e únase ao libro de sentenzas deixando en autos certificación literal deste, segundo o establecido no artigo 213 LAC, e nos artigos 265 e 266 da Lei orgánica do poder xudicial. Mándao e asínao S.Sª. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Francisco José Lovelle Soto, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 8 de outubro de 2015

A secretaria xudicial