Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa de construción e de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Fisterra (IN407A 2015/264-1).

Expediente: IN407A 2015/264-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC, RBT San Martiño de Abaixo.

Concello: Fisterra.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT San Martiño de Abaixo, a 20 kV, cunha lonxitude de 348 m, coa orixe en paso de aéreo a subterráneo que se realizará no apoio proxectado que se vai intercalar na LMT POT 807, no tramo entre a derivada ao CT Anchoa III e a derivada ao CT Anchoa II (expediente 279/04), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-1×240 Al e final no CT San Martiño de Abaixo (proxectado).

Centro de transformación prefabricado San Martiño de Abaixo, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/264-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC, RBT San Martiño de Abaixo.

Concello: Fisterra.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2 sub.

m2

1

Campo de Agra

Prado

María Canosa Liñeiro

½ 64/1 pas

4,5

1,0

1,5

2

Campo de Agra

Prado

Pilar Insua Rey

½ 64/1 pas

4,5

1,0

1,5

3

Campo de Agra

Prado

Descoñecido

Centro de transformación, caseta e acceso

29,0