Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Marsán Transformaciones Superficiales, S.L. para a planta de transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po que se localiza no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, no concello de Vigo (Pontevedra) (número de rexistro 2014-IPPC-76-290).

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade á Resolución do 5 de outubro de 2015 pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Marsán Transformaciones Superficiales, S.L. para a planta de transformación metálica, ensamblaxe, cataforese e pintura en po que se localiza no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, no concello de Vigo (Pontevedra).

Esta resolución pódese consultar no seguinte enlace:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental