Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42830

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (868/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber Que no procedemento ordinario 868/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Margarita Rey Pereira contra Carburantes Noroestes, S.L., se ditou a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado pola parte demandante en que solicitaba o arquivamento do procedemento únase e confírase traslado del ás demandadas co fin de que no prazo de tres días manifesten se se opoñen a el, facéndolles saber que, en caso de non presentar oposición expresa, se entenderá que están conformes e que se arquivarán as actuacións, de conformidade co disposto no artigo 22 LAC, de aplicación supletoria.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Carburantes Noroestes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que ten á súa disposición na oficina deste órgano xudicial todos os documentos e resolucións que constan no presente procedemento, e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2015

A secretaria xudicial