Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (TCD 94/2015).

TCD terzaría de dominio 94/2015 0001

Procedemento orixe: execución de títulos xudiciais 94/2015

Sobre despedimento

Demandante: Santander Consumer Renting, S.L.

Procurador: José Paz Montero

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J y M Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raúl Ramón Buján Olveira, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 1/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santander Consumer Renting, S.L. contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Raúl Ramón Buján Olveira, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015.

1. Consultada a axenda de sinalizacións deste xulgado para os efectos de sinalar incidente de execución do artigo 238 da LRXS para celebración de vista da terzaría, sinálase para o efecto o próximo día 24 de novembro de 2015 ás 10.30 horas.

2. Cítense as partes e o terceirista, que deberán comparecer con todos os medios de proba de que intenten valerse.

3. A citación ás coexecutadas Talleres J. y M. Fernández, S.L. e SS Fernández Concesionario, S.L. verificarase por medio de edicto que se publicará no DOG, tendo en conta que as devanditas entidades se achan en ignorado paradoiro.

4. A citación ao terceirista e ás demais partes comparecidas na execución entenderase practicada coa notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

A secretaria xudicial