Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2012/005-1).

Expediente: IN407A 2012/005-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CT rúa Brasil, nº 7.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,021 km, con condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado en apoio nº 1 existente da LMT GRN-708 a CT Afernosa (expediente 26.572), retirándose o actual paso aerosubterráneo existente nese apoio, e final en cela de liña que se vai instalar no CT rúa Brasil, nº 7 proxectado.

Centro de transformación de tipo convencional 2L+1P cun transformador de 400 kVA, que se situará en planta baixa de nave, e relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 13 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2012/005-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CT rúa Brasil, nº 7.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Nome e apelidos

Afeccións (en m2)

1

Sociedad Civil Manuel Rendal y Otros, S.C. Representación José López Carnota

Centro de transformación

11,81