Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42571

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 29 de outubro de 2015 pola que se modifica o prazo de xustificación da Orde do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015 (DOG número 133, do 16 de xullo).

No Diario Oficial de Galicia número 133, do 16 de xullo de 2015, publicouse a Orde do 3 de xullo de 2015 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo para o ano 2015.

No artigo 57, parágrafo segundo, establécese que «A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 16 de novembro de 2015».

Diversas dificultades de carácter técnico, así como o atraso producido pola asignación orzamentaria de fondos finalistas do Estado e do Fondo Social Europeo, que financian esta orde, levaron á súa publicación tardía no Diario Oficial de Galicia, o que provocou que a fase de instrución se prolongase máis alá das datas inicialmente previstas, o que afecta os prazos de resolución das solicitudes.

Por tal motivo, co fin de garantir a maior eficacia posible da convocatoria das referidas axudas, cómpre adaptar o prazo de xustificación das axudas, xa que por causas sobrevidas resulta de difícil cumprimento.

De acordo co anterior, vista a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificar o artigo 57, parágrafo segundo, da Orde do 3 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e a promoción do cooperativismo, e se convocan para o ano 2015, que queda redactado como segue:

«A data máxima de xustificación das accións subvencionadas será o 26 de novembro de 2015».

Disposición derradeira

Esta orden entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria