Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de setembro de 2015 polo que se autoriza a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Arzúa, coa frecuencia 90.2 MHz, a favor de Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día vinte e catro de setembro de dous mil quince,

RESOLVO:

Dar publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de setembro de 2015 que a continuación se transcribe:

«Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Arzúa (A Coruña), coa frecuencia 90.2 MHz, a favor da Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.».

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios